PASAKA: MARÍA DOMÍNGUEZ NAS XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA

DATOS BÁSICOS

PROGRAMA

Fran MM Cabeza de Vaca (1976): Music from somewhere para pianista sen piano (2017)

Gérard Pesson (1958): La lumière n´a pas de bras pour nous porter para piano amplificado (1994/95)

Vykintas Baltakas (1972): Pasaka para piano e electrónica en vivo (1995).

Sarah Nemtsov (1980): Seven thoughts her kind para voz amplificada e teclado (2018)

Diego Jiménez Tamame (1990): Vaporwave, deadly lazers and crab raves para keytar e electrónica (2022) (Encargo de María Domínguez para as Xornadas. Estrea absoluta)

 

Antes do concerto, de 19.00 a 19.30 h, conversa co compositor Diego Jiménez.

O concerto comeza co conto de fadas de Vykintas Baltakas, baseado na mitoloxía india: a creación do mundo e da noite, o nacemento da morte, as visións de Markandea, etc. En palabras de Baltakas, "alguén conta unha historia. Para el, para alguén máis. O importante é o desexo de contar a historia".

María Domínguez

María é unha pianista especializada en música contemporánea. Desenvolve a súa carreira tanto como solista como en diferentes grupos orquestrais, música de cámara e proxectos interdisciplinares. Participou en festivais como: Festival Imaxes Sonores (Bruxelas), Parcours Musicaux (Lille), Festival de Limburgo e Festival de Música Sacra (Maastricht), Sons Creativos, Xornadas de Música Contemporánea e Festival Resis (Galicia), entre moitos outros. Foi galardoada e apoiada por numerosas institucións como Via Zuid Talenmakelaar, Schiting Cultural Entrepreneurchip, Fundación Conservatorio Maastricht, Art Buro Limburg e Festival Peter de Grote. María finalizou o Mestrado en Interpretación de piano clásico no Conservatorio de Maastricht con cualificación de sobresaínte cum laude, a especialización "Contemporary music through non western techniques" no Conservatorio de Ámsterdam e o Posgrao de Música Contemporánea no Conservatorio de Gante. Actualmente forma parte do programa de Doutorado da Universidad de Jaén.

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 8 Xuño, 2022
20:30
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)