A PARÁBOLA DO ANGAZO

DATOS BÁSICOS

TALÍA TEATRO

(Teatro)

 

Idade recomendada: ESO e Bacharelato

Duración: 60 min

Lingua: galego

 

Un espectáculo que quere aportar perspectiva e coñecemento sobre a cuestión lingüística. Unha mirada ao noso pasado, pensar cos pés chantados na terra e ter consciencia de onde vimos. Unha montaxe áxil e versátil, onde o humor será unha parte fundamental da engrenaxe do espectáculo.

Partindo da coñecida lenda do angazo que xa recollía o Padre Sarmiento no século XVII, os protagonistas contarán historias da nosa lingua vinculándoas con anécdotas reais que suceden hoxe en día, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente e demostrando que a lingua resistiu e resiste toda situación adversa.

Tamén cómpre resaltar que non só nos centraremos nas agresións que sofre a lingua. Tamén queremos falar das súas fortalezas, tanto no pasado coma no presente. Antes dos séculos escuros o galego, como é ben sabido, foi a ferramenta predilecta de poetas e trobadores ao longo de toda a península. O ton resultante é optimista.

Non buscamos convencer a galegofalantes do marabillosa que é a súa lingua, senón que pretendemos unha reflexión naquela xente que emprega o castelán sen darse conta do por que. Moita xente galega ten como lingua vehicular o castelán porque é a lingua na que medrou, na que lle falaron seus pais. Pretendemos que, cando menos, sexa verdadeiramente consciente de que podería escoller o galego, de que esta lingua forma parte das súas raíces, e que está na súa man aportar novos gromos.

 

Elenco: Artur Trillo e Toño Casais

Escenografía e iluminación: Dani Trillo

Vestiario: Martina Cambeiro

Música: Manu Abraldes

Autores: Araceli Gonda, Marta Lado, José Prieto, Diego Rey, Séchu Sende e Artur Trillo

Dirección: Diego Rey

Duración: 
60 min
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que enviaremos aos centros de ensino en setembro.

Funcións: 
Martes, 14 Marzo, 2023
10:00
Teatro Principal
Martes, 14 Marzo, 2023
12:00
Teatro Principal