PAPER CINÉTICO. OBRADOIRO O CINE COMO XOGO DE MAXIA

DATOS BÁSICOS

Logo dunha longa traxectoria ensinando cine e un amor inexplicable polo papel, Belén Veleiro decidiu crear "Paper Cinético", unha actividade que reflexiona sobre o "papel" do papel no cinema explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento.

O zoótropo foi un xoguete moi popular na súa época e un dos avances para a aparición do cine. Zoo significa vivo, activo, e o que conseguimos con este aparello xigante é darlle vida a obxectos inmóbiles.

Na construción deste aparello traballaremos tamén os rotorelevos de Duchamp. Unha experiencia espectacular!

Son obxectivos desta actividade:

– Comprender a natureza da imaxe en movemento e a ilusión óptica.

– Descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxia.

– Crear a nosa propia película ou os nosos gifs analóxicos!

– Queremos facer o zoótropo máis grande do mundo.

 

Actividade apta para todas as idades.

O público miudo debe asistir acompañado.

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 

Entrada de balde previa retirada de convite

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

Funcións: 
Domingo, 21 Novembro, 2021
12:00
Auditorio de Galicia