Co apoio da Concellería de Políticas Sociais de Santiago de Compostela e o Auditorio de Galicia, volta unha terceira edición do programa comunitario multidisciplinar 'Torre de Babel'. Este ano as e os alumnos son os que deciden o que queren contar baixo unha premisa: "Que te move?"
Dende o corpo, a palabra, a voz e a imaxe, fan unha posta en escena de diversas micropezas propostas polos alumnos e alumnas e o equipo de creadores tamén integrados no espectáculo.
Equipo
Dirección: Leo Rodríguez, Carlota Pérez e os alumnos e alumnas do Proxecto.
Dirección Musical e Arteterapia: Rebeca Ponte
Atmosferas Sonoras no proceso de creación: Oscar Cuesta
Adestramento de corpo: Adriana Paulos
Fotografía: Vari Caramés