PALABRAS QUE HABITAN CORPOS

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Co apoio da Concellería de Políticas Sociais de Santiago de Compostela e o Auditorio de Galicia, volta unha terceira edición do programa comunitario multidisciplinar 'Torre de Babel'. Este ano as e os alumnos son os que deciden o que queren contar baixo unha  premisa: "Que te move?"

Dende o corpo, a palabra, a voz e a imaxe, fan unha posta en escena de diversas micropezas propostas polos alumnos e alumnas e o equipo de creadores tamén integrados no espectáculo.

Equipo

Dirección: Leo Rodríguez, Carlota Pérez e os alumnos e alumnas do Proxecto. 

Dirección Musical e Arteterapia: Rebeca Ponte

Atmosferas Sonoras no proceso de creación: Oscar Cuesta

Adestramento de corpo: Adriana Paulos

Fotografía: Vari Caramés

Entradas: 

RETIRADA DE CONVITES no despacho de billetes do Teatro Principal: O día anterior ao espectáculo de 19.30 h a 21.00 h e o propio día do espectáculo desde as 18.00 h. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Venres, 14 Xuño, 2019
20:30
Teatro Principal