PÚLSAR 2 LAURA HUERTAS MILLÁN

DATOS BÁSICOS

Un púlsar é unha pequena estrela de neutróns cun intenso campo magnético que emite pulsos a intervalos regulares. Curtocircuíto ten a misión de detectar e programar a autores emerxentes cun traballo sólido que xa delaten unha mirada e unha linguaxe propias. Púlsar é enerxía, novidade e risco.

Desta volta en colaboración co proxecto europeo Womarts na procura pola igualdade das mulleres na contorna artística, centrase no labor da realizadora fraco-colombiana Laura Huertas Millán. Dúas sesións coa presenza desta autora que parte nos seus traballos da etnografía para diluír as fronteiras entre realidade e ficción e construír relatos que afondan nas raíces culturais e noutras formas de entender o mundo.

LAURA HUERTAS MILLÁN

Laura Huertas Millán é unha artista e cineasta franco-colombiana. Doctora en artes visuais da Universidade PSL (programa SACRe), fixo parte dol Sensory Ethnography Lab da Universidade de Harvard. As súas películas entrelazan a etnografía, a ecoloxía e a ficción, narrando diferentes estratexias de supervivencia, de resistencia e de resiliencia contra a violencia. As súas obras foron presentadas en festivais de cine internacionais como Viennale, Toronto, New York Film Festival, Rotterdam, La Habana, FICValdivia ou Cinéma du Réel; e foron premiadas no festival de Locarno, FIDMarseille, Doclisboa e Videobrasil, entre outros. Retrospectivas dos seus filmes foron presentadas na cinemateca da Universidad de Harvard, CCA (Glasgow), CA2DM (Madrid), Festival de Mar del Plata, ICA (Londres), Flaherty Seminar e na Cinemateca de Toronto. Entre as súas exposicións e proxeccións colectivas destacan o “Future Generation Art Prize” exposición paralela á Bienal de Venecia (2019), FRONT Triennial (Cleveland, 2018), “Nuevos Nombres” Banco da República de Colombia (Bogotá, 2018), “Prospectif Cinéma” Centre Pompidou (París, 2017), “À la lisière du quotidien” Jeu de Paume (París, 2017) e “Tropical Uncanny” Guggenheim Museum (Nueva York, 2014).

 

LA LIBERTAD

A LIBERDADE

Laura Huertas Millán | 2017 | 31:00 | Francia, Colombia | DOC, EXP | COR

Un matriarcado reuniuse arredor do tear de cintura, unha técnica prehispánica de tecido preservada durante séculos polas mulleres indíxenas en Mesoamérica. A Liberdade desenvólvese como un tecido das figuras e xestos que constitúen esta labor, circulando entre un espazo doméstico, un museo de arqueoloxía e unha cooperativa. Varias comunidades e ecoloxías entrelázanse en torno á artesanía: buscando evocando, articulando, expandindo a noción de liberdade.

 

JENY303

Laura Huertas Millán | 2018 | 06:00 | Francia, Colombia | DOC | COR

Nada dun "azar obxectivo" (un rolo de 16 mm no que dous suxeitos diferentes foron impresos por erro), jeny303 é un relato híbrido que entrelaza dous retratos. Por un lado, está Jeny, o alter ego feminino dun millenial transxénero que afronta unha adición á heroína. Polo outro lado, está o edificio 303, unha arquitectura modernista icónica nunha universidade pública de Bogotá (Colombia). As imaxes do corpo e do edificio entrelázanse para representar a unha personaxe no limiar dunha transformación por vir.

 

SOL NEGRO

Laura Huertas Millán | 2016 | 43:00 | Francia, Colombia | DOC | COR

"O título evoca tanto a eclipse solar como "a bile negra" á que os médicos atribuían os impulsos melancólicos e suicidas na Antigüidade, especialmente cando afectaban aos artistas. Aquí tales impulsos terminan impactando la existencia de Antonia, unha cantante de ópera cuxa beleza escura ilumina a película. A través dunha posta en escena discreta e elíptica, Laura Huertas Millán presenta a personaxe polifacética de Antonia. Os lazos familiares son explorados delicadamente, non tanto como a orixe do mal, senón como unha especie de polifonía introspectiva: óense as voces da tía, a nai e a filla (a mesma directora) mentres esta última loita, a través da ficción, para escapar do destino da súa familia". C. Guénot (FID Marseille)

Duración: 
90
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Sábado, 5 Outubro, 2019
20:00
NUMAX