OVVIO

DATOS BÁSICOS

OVVIO CIRCO

Onde se atopa o límite extremo do equilibrio? 

Este momento perfecto onde as leis da gravidade parecen derrotadas, superadas, desaparecidas. Onde está o límite das nosas capacidades? Ás veces chegamos, ás veces non. Ás veces pasámonos, ás veces non.

Ás veces caemos e ás veces non. Gústannos ambos, OVVIO!

OVVIO é un encontro entre dúas personalidades opostas, que levan dentro a mesma necesidade de risco, o desexo abafador de descubrir ata onde poden chegar antes de que a física e o azar os derroten. Onde está o instante de perfección antes da caída?

O "Xogo" é a súa forma de buscar este límite, a confianza o cordón necesario que os une e os empurra a continuar. OVVIO é un desafío.

__

OVVIO é unha das creacións do Kolektiv Lapso Cirk, e nace da idea dos dous intérpretes David Díez Méndez (España) e Tomás Vaclaveck (Eslovaquia).

Estarán en Santiago no marco da V Edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo que organiza Pistacatro.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA

LUNS 30_10.00 H

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349 Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

 

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 3 Decembro, 2020
20:30
Teatro Principal