SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
Emmanuel Carrère
Francia / 107 min / Ficción / Francés
Ficha artística
Juliette Binoche, Didier Pupin, Emily Madeleine, Evelyne Porée, Hélène Lambert, Léa Carne
Ficha técnica
Guión: Emmanuel Carrére, Hélène Devynck
Fotografía: Patrick Blossier
Edición: Albertine Lastera
Produción: Olivier Delbosc, David Gauquié, Julien Deris
Marianne Winckler é unha recoñecida autora que decide escribir un libro sobre a precariedade laboral vivindo esta realidade de primeira man. Para iso, ocultando a súa identidade, consegue traballo como limpadora nunha poboación de Normandía, ao norte de Francia, e descobre unha vida ignorada polo resto da sociedade na que cada euro gañado ou gastado importa. A pesar da dureza da experiencia, a solidariedade entre compañeiros crea fortes lazos de amizade entre Marianne e eles. A axuda mutua conduce á amizade e a amizade á confianza pero, que pasa con esta confianza cando a verdade sae á luz?
Emmanuel Carrère
(París, Francia, 1957)
Escritor, guionista e realizador diplomado polo Instituto de Estudos Políticos de París. Debutou como crítico de cinema nas revistas Positif e Télérama. No eido audiovisual dirixiu o documental Retour à Kotelnitch (2004). Nun peirao de Normandía é o seu segundo filme de ficción, e inaugurou a Quincena de Realizadores de Cannes.
Premio do público á mellor película europea en San Sebastián 2021