PÉREZ & FERNÁNDEZ
30 de Novembro de 1803: A Real Expedición Filantrópica da Vacina parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.
Pérez&Fernández, en coprodución co Centro Dramático Galego, presenta a adaptación á escena da novela de María Solar Os Nenos da Varíola. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida converteuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.
Dirección: Xosé Leis, Victoria Pérez
Reparto: Manu Fernández, Victoria Pérez, Xosé Leis e Isabel Risco
Ambientación musical: Xabier Romero
Texto: María Solar
Idade recomendada: > 12 anos
Lingua: galego
© imaxe: Foto Corsino