ORQUESTRA DE MALABARES E A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA

DATOS BÁSICOS

Casiano Mouriño Maquieira, director da banda

Recomendado para ESO e Bacharelato

"Orquestra de Malabares": CIRCO e a MÚSICA da man de 6 malabaristas e a banda municipal de Santiago. Tradición e Innovación unidos nun mesmo proxecto único en todo o Estado e pioneiro. Á semellanza do fume, o circo, na súa evolución xeométrica cara o futuro, penetra por todas as portas, ventás e fendas do panorama escénico. Neste caso ocupa os espazos baleiros entres os atrís e as cadeiras dos músicos da banda municipal. Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e a banda municipal de Santiago. Unha relación entre música e circo. Un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmite a música e o circo. A banda municipal de Santiago e os seus músicos, fora da súa zona de confort, participan, case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fora do común. En definitiva, este é un espectáculo de instrumentos dourados, grandes tambores, pratillos, camisas brancas, uniformes e maxistráis obras clásicas pero tamén de pantalóns curtos, camisetas, gafas de sol, funk, blues, pop e punk.

Duración: 
1 hora
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Martes, 30 Abril, 2019
10:00
Auditorio de Galicia
Martes, 30 Abril, 2019
12:00
Auditorio Abanca