PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
DOM 22, 20:00 | TEATRO PRINCIPAL _Entrega do Premio Cineuropa a Alfonso Zarauza e proxección do filme
DOM 22, 20:00 | AUDITORIO DE GALICIA_SALA MOZART_ Proxección do filme
Alfonso Zarauza
España / 90 min. / Ficción / Galego, castelán
Ficha artística:
Melania Cruz, Antonio Durán ‘Morris’, Xúlio Abonjo, Anaël Snoek, Marta Lado, Diego Anido, Cris Iglesias, Miguel de Lira
Ficha técnica:
Guión: Alfonso Zarauza, Jaione Camborda Coll
Fotografía: Alberte Branco AEC
Edición: Fernando Alfonsín
Produción: Maruxiña Film Company, Bando à Parte
Tras unha profunda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega xunto coa súa esposa Mariña a unha remota illa atlántica coa intención de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na solitaria illa senta ben a Vicente, que lle pide á súa muller prolongar a súa estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor ata que, tras un naufraxio en medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller estranxeira aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volve ser o que era.
Alfonso Zarauza
(Santiago de Compostela, 1973)
É un dos directores galegos cunha traxectoria máis longa e prestixiosa na actualidade. Como director realizou anteriormente tres longametraxes de ficción que obtiveron premios internacionais -La noche que dejó de llover (2008), Los fenómenos (2014), Encallados (2013)-, un documental -A Viaxe dos Chévere (2014), seis curtametraxes, dúas series de ficción e máis de vinte videoclips e pezas experimentais.