ONODA/ ONODA 10000 NUITS DANS LA JUNGLE (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA 

Arthur Harari

Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Xapón, Camboia / 166 min / Ficción / Xaponés

Ficha artística

Issei Ogata, Inowaki Kai, Shinsuke Kato, Kanji Tsuda, Yûya Matsuura, Yuya Endo, Tetsuya Chiba

Ficha técnica

Guión: Arthur Harari, Vincent Poymiro

Fotografía: Tom Harari

Edición: Laurent Sénéchal

Produción: Nicolas Anthomé

Finais de 1944. Xapón está a perder a guerra. Por orde do misterioso comandante Taniguchi, Hirō Onoda é enviado a unha illa de Filipinas xusto antes do desembarco estadounidense. Os poucos soldados que logra arrastrar ata a selva axiña descubrirán a doutrina descoñecida que os unirá a este home: a guerra secreta. Para o Imperio, a guerra está a piques de acabar. Para Onoda, a guerra rematará 10.000 noites despois.

Arthur Harari

(París, Francia, 1981)

Actor, guionista e director. En 2016 estreou a súa ópera prima Diamant noir, que recibiu o premio César do Cinema Francés á mellor interpretación novel. Onoda é a súa segunda longametraxe e foi estreada na sección Un certain regard do Festival de Cannes 2021.

Duración: 
166 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 18 Novembro, 2021
21:15
NUMAX
Martes, 23 Novembro, 2021
18:45
Teatro Principal