O.C.T. ULTREIA E AGRUPACION CANTIGAS E AGARIMOS

DATOS BÁSICOS

AS RAÍCES NA PEDRA

O ciclo ‘As Raíces na Pedra’ comezou no ano 2017 froito da colaboración entre o Concello de Santiago e catro das agrupacións de baile e música tradicional da cidade, co obxectivo de difundir a nosa cultura tradicional dun xeito lúdico e participativo. Para este ano 2018 “As Raíces na Pedra” enmárcase dentro do programa de Nadal do Concello e consta dunha parte didáctica e unha actuación a cargo de cada un dos grupos. Actividades que se desenvolverán entre o 23 ao 3o de decembro de 2018.

 

Ultreia e Cantigas e Agarimos fan unha xeira pola xeografía galega para amosarnos os bailes e cantos do Nadal: ranchos e danzas de Reis, ademais dunha mostra doutros bailes tradicionais como as xotas e as muiñeiras.

 

Entradas: 

Previa retirada de convite o mesmo día no Teatro Principal desde as 17.30 h (máximo 2 por persoa)

Funcións: 
Domingo, 23 Decembro, 2018
19:00
Teatro Principal