Dirección: Ventura Pons
España / 1978 / Longametraxe / Documental / Castelán
Ficha técnica
Guión: Ventura Pons.
Fotografía: Lucho Poirot.
Música: Aurelio Villa.
Produción: Prozesa.
Sinopse
Visión intimista do pintor andaluz José Pérez Ocaña, un personaxe que marcou a vida da Rambla e da praza Real na Barcelona de finais dos setenta, unha cidade, daquela, con moitas ganas de liberdade e unha grande actividade cultural. Ocaña é un retrato intermitente crebado pola "provocación do recordo". O artista fala na casa da súa vida, ao tempo que, en intermitencias, se percibe o mundo que emana do seu subconsciente.