#OBRADOIRO MULTIPLICA: PAN CON CIRCO!

DATOS BÁSICOS

Os artistas circenses plantexan un obradoiro con xogos, merenda e espectáculo. Pan con circo! fai do Auditorio de Galicia non só o espazo da gran gala do circo de Compostela no 2019 senón un territorio no que “crianzas” de 4 a 99 anos poidan experimentar coma nun obradoiro de saltimbanquis disciplinas circences como a acrobacia, o equilibrio e os malabares. A cafetería Lasso estará aberta despois para unha merenda antes do comezo da gala.

Domingo 7 de abril

de 16.00 a 18.00 h (cafetería Lasso aberta dende as 17.30 h)

Auditorio de Galicia

Público ao que se dirixe: Público familiar, actividade interxeracional. A partir de 4 anos

Número de persoas: ata completar capacidade

O espectáculo da 'Gran Gala do Circo de Compostela', pode verse no Auditorio de Galicia o 7 de abril ás 18.30 h. Máis información e venta de entradas aquí

___

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Entre as diferentes propostas están os #OBRADOIROS MULTIPLICA, unha batería de obradoiros participativos para expandir as posibilidades temáticas, relacionais e de contextualización dos espectáculos aos que se adscriben.

Duración: 
120'
Entradas: 

Gratuíta

Ata completar capacidade

Funcións: 
Domingo, 7 Abril, 2019
16:00 a 18:00
Auditorio de Galicia