#OBRADOIRO MULTIPLICA: MODERNISMOS!

DATOS BÁSICOS

Pavillón Lino de Caramuxo Teatro é un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido Pavillón Lino da Coruña. Vencellado ao espectáculo temos actividades do Club C!

O taller de arquitectura efémera para familias arredor do fenómeno modernista, Modernismos! é unha achega a esta corrente arquitectónica e as súas principais características (tipos de volumes, liñas, elementos visuais) dende o punto de vista da creación de estruturas en familia, un obradoiro para desfrutar pais/nais e crianzas.

Sábado 16 de febreiro de 16.15 a 18.15 h

Ambigú do Teatro Principal

Público ao que se dirixe: Público familiar, actividade interxeracional

Número de persoas: 40 entre nenos/as e adultos responsables correspondentes

Inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org. A asignación de prazas farae por estrito orde de chegada de solicitude

O espectáculo teatral 'Pavillón Lino', pode verse no Teatro Principal o 16 de febreiro ás 18.30 h. Máis información e venta de entradas aquí

____

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Entre as diferentes propostas #OBRADOIROS MULTIPLICA son unha batería de obradoiros participativos para expandir as posibilidades temáticas, relacionais e de contextualización dos espectáculos aos que se adscriben

Duración: 
120'
Entradas: 

De balde previa inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org

A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada de solicitude

Funcións: 
Sábado, 16 Febreiro, 2019
16:15 a 18:15
Teatro Principal