#OBRADOIRO MULTIPLICA: MANIFESTO VOADORA

DATOS BÁSICOS

Marta, Hugo e Jose xúntanse en Compostela hai 12 anos e forman VOADORA, que agora é unha das compañías máis inquedas da vangarda escénica española. Estreamos en Santiago o seu 'Hemos venido a darlo todo' o 31 de xaneiro e podemos velo tamén os días 1 e 2 de febreiro (aquí información e venta de entradas).

Relacionado con este evento, dentro do Club C! popoñemos o #OBRADOIRO MULTIPLICA Manifesto Voadora.

Este taller/encontro propón unha achega ás claves que definen o traballo artístico. Traballarase con algúns dos conceptos que definen a súa linguaxe como a creación de universos fantásticos, as atmosferas evocadoras ou inquedantes, a importancia da música e da cultura visual, os seus referentes e máis curiosidades... 

Sábado 2 de febreiro de 11.00 a 14.00 h na sala Mozart do Auditorio de Galicia.

Público ao que se dirixe: Público adulto.

Número de persoas: 20.

Inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org. A asignación de prazas farae por estrito orde de chegada de solicitude.

 

____

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

Entre as diferentes propostas están os #OBRADOIROS MULTIPLICA, unha batería de obradoiros participativos para expandir as posibilidades temáticas, relacionais e de contextualización dos espectáculos aos que se adscriben.

Duración: 
3 h
Entradas: 

De balde previa inscrición en comunicacion@auditoriodegalicia.org

Prazas esgotadas

Funcións: 
Sábado, 2 Febreiro, 2019
11:00 a 14:00
Auditorio de Galicia