O VAL PANTASMA/ LA VALLÉE FANTÔME (1987)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN PARALELA PAÍS CONVIDADO: SUÍZA. HOMENAXE A ALAIN TANNER

Alain Tanner

Suíza / 105 min / Ficción / Francés

Ficha artística

Jean-Louis Trintignant, Laura Morante, Jacob Berger

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner

Fotografía: Patrick Blossier

Edición: Laurent Uhler

Produción: Filmograph SA, MK2

Paul, duns 50 anos, é director de cinema. Escribe un guión coma se fose a súa profesión e comeza a buscar unha actriz para o rol principal. O feito de que non a atope ten que deberse forzosamente a algo: talvez haxa demasiadas historias e imaxes, demasiadas actrices e moi pouca tranquilidade. Quizá tamén sexa unha necesidade. Espontaneamente, Paul tira o seu guión. Jean acaba de rematar a escola de cinema e é contratada por Paul como asistente. Un día, Paul atopa unha vella foto de Dara, unha actriz italiana que algunha vez coñeceu e admirou, e que desapareceu da pantalla hai tempo. Paul pídelle a Jean que a busque. Tanto el como ela fan todo o posible para que Dara volva á pantalla. Para realizar ese proxecto embárcanse nun mundo de sentimentos, confrontacións e soños.

«...un ensaio cinematográfico, sen pesadez didáctica, sobre a dúbida respecto a un mesmo e a forma de vivir con esa dúbida, e sobre o perigo e o rexeitamento ao fracaso. Imposible non admirar o xeito suxestivo e impregnado dun ambiente tan particular no que Alain Tanner utiliza o cinema para criticar os seus aspectos máis superfluos. El arrisca o seu alter ego para a súa supervivencia artística». Hans-Dieter Seidel, Frankfurter Allgemeine Zeitung, 1987

Duración: 
105 MIN
Entradas: 

Entrada de balde previa retirada de convite

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

Funcións: 
Xoves, 18 Novembro, 2021
16:30
NUMAX