O SECUESTRO DA BIBLIOTECARIA

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Recomendado para 3º, 4º, 5º e 6º primaria

O Consello Municipal está reunido para determinar se o pago do rescate da bibliotecaria municipal debería figurar como gasto de persoal ou como un gasto do fondo de Cultura... Un brote de varíola entre a banda de secuestradores complica aínda máis as cousas: poucas persoas quedan ben con grans na cara, pero para uns ladróns resulta desastroso. O enxeño e o corazón da bibliotecaria raptada fará virar os acontecementos, traendo novidades importantes para a Biblioteca Municipal e para as vidas dos ‘terribles’ secuestradores.

Duración: 
1 h
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Martes, 29 Xaneiro, 2019
10:00
Teatro Principal
Martes, 29 Xaneiro, 2019
12:00
Teatro Principal