O RUÍDO DO LUME (A PALABRA EN COMBUSTIÓN DE DEZ POETAS GALEGAS)

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL ALGUEN QUE RESPIRA! SETEMBRO

O festival Alguén que respira!, organizado polo Concello de Santiago, celebra a súa terceira entrega do ano os días 21 e 22 de setembro con dous recitais de grande impacto. Neles, non soamente poderemos ver e escoitar no Teatro Principal a algunhas das poetas máis escitilantes dos últimos anos en Galicia senón que tamén visitaremos tres espazos singulares da cidade para presenciar as propostas menos convencionais de tres creadores: Séchu Sende, Castillo Suárez e Javier Peñafiel.

O recital do día 21 xa é, de antemán, histórico. Co título O ruído do lume [A palabra en combustión de dez poetas galegas], o Principal reunirá a boa parte das mulleres que nestes últimos anos protagonizaron un novo renacer da poesía galega. A súa forza e personalidade non só marcaron as crónicas literarias en Galicia senón que tamén se converteron en referentes peninsulares e en admiradas poetas internacionais. Proba desa explosión son os premios nacionais que recibiron nos últimos anos Pilar Pallarés, Olga Novo ou Alba Cid, estas duas últimas presentes no recital do día 21. Canda elas estarán Yolanda Castaño, Luz Pichel, Elvira Ribeiro, Miriam Ferradáns, Eva Veiga, Luz Fandiño, Andrea Nunes e Chus Pato. Trátase dun auténtico acontecemento que porá no escenario o fío interxeracional máis prodixioso da literatura galega.

Nesta cuarta edición, o Alguén que respira! celébrase ao longo do ano en catro programas, coincidindo sempre nos días 21 de solsticios e equinoccións. O pasado 21 de marzo –Día Mundial da Poesía– o festival inaugurouse co manifesto de Manuel Rivas e un recital titulado + ou – 21 [anos], en referencia á idade media dos poetas que integran o programa, e contou coas voces de Iago González, Belén Senín, Maria Bras, Martin Bidaur, María Isern e Mario Obrero. No 21 de xuño, foi a quenda do músico e performer portugués Miguel Azguime, ademais da sesión de regueifa con Manuel Maseda, Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Xurxo Souto. O festival  do 2021 clausurarasese o próximo 21 de decembro, tras un ano de actividade.

O festival

O festival Alguén que respira! é unha iniciativa da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela para apoiar a poesía en todas as súas expresións. O concello conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O equipo de realización fórmano Antón Lopo na dirección; Cecilia Carballido na produción; Manuel Martínez no deseño gráfico; Baltasar Patiño na iluminación e escenografía; Alexandre Fernández Peón en comunicación e Iris Cochón na coordinación literaria.

Duración: 
110 min
Entradas: 

RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA E PRESENCIAIS: O PROPIO DÍA DO EVENTO DESDE AS 11.00 H

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 21 Setembro, 2021
19:30
Teatro Principal