VACABURRA
Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia. Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle. Con todxs nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna. Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda.
Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo-biografía-pirata. Isto vai de bailar bailando.
Coreografía e interpretación: Andrea Quintana
Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde e Andrea Quintana
Textos: VACAburra. inspiradas por Joanna Russ e Linn-Liniker
Iluminación: Baltasar Patiño
Técnica en xira: Violeta Martínez
Espazo sonoro: Davide Gonzalez e Andrea Quintana
Imaxe e deseño: Muller 6 ollos
Vestiario: Saturna
Co apoio: Axudas a Artistas do Concello de A Coruña, Residencia de creación Residencias Paraíso do Colectivo RPM, CDG Salón Teatro, Residencia de creación en A Normal, espacio de intervención cultural, Galicia Danza Contemporánea
Idade recomendada: > 18
Duración: 50 min
© imaxe: J. C. Arévalo