SECCIÓN DOCS CINEUROPA
Dirección: Maria Augusta Ramos
Brasil, Alemaña, Países Baixos / 2018 / Longametraxe / Documental / Portugués
Ficha técnica
Fotografía: Alan Schvarsberg.
Edición: Karen Akerman.
Produción executiva: Maria Augusta Ramos.
Produción: Paula Alves, Maria Augusta Ramos, Gudula Meinzolt, Paulo de Carvalho, Wout Conijn.
Sinopse
O proceso ofrece unha nova mirada ao impeachment de Dilma Rousseff, a primeira muller presidenta de Brasil. A película retrata o xuízo "político xudicial" ao que foi sometida, primeiro na Cámara de Representantes e despois no Senado, poñendo o foco no equipo de defensa da presidenta: o seu avogado José Eduardo Cardoso e dous senadores que loitan para probar a súa inocencia fronte ao voto maioritario dun Congreso infestado de corrupción. A historia persoal de Rousseff enriquece o relato: unha muller que foi encarcerada e torturada pola antiga ditadura militar do país, que agora é acusada de delitos fiscais e corrupción. Rousseff declárase inocente e acusa a oposición dereitista de perpetrar un golpe de estado parlamentario. O principal artífice da acusación é o vicepresidente Michel Temer, un dos seus antigos aliados.
Premios
- Mellor documental no DocumentaMadrid 2018.