O PORCO DE PÉ

DATOS BÁSICOS

PT. EXCÉNTRICAS

O porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a súa superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que na infancia nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serraduras, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus a confundirse cos propios burgueses. A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabaret, ten hoxe máis vixencia ca nunca. Nesta viaxe á fascinante década dos anos 20 do século XX, pasarán como nunha lanterna máxica, anarquistas, esportistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vangardistas, caciquistas, futuristas, pasadistas e presentistas.

Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón.

Autor: Vicente Risco

Dirección: Quico Cadaval

Reparto: Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo

Dramaturxia: Pepe Sendón e Quico Cadaval

Plástica: Carlos Alonso

Son: Piti Sanz

Iluminación: Octavio Más

 

#posfunción: o 7 de abril ao rematar o espectáculo

Idade recomendada: > 13

Lingua: galego

 

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • 12 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 7 Abril, 2022
20:30
Teatro Principal
Venres, 8 Abril, 2022
20:30
Teatro Principal