AINÉE PRODUCIÓNS & ACUSMASER OPUS
Idades recomendadas: adultos
Lingua: galego
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
Xacobeo 2021. Xunta de Galicia
O Montacargas (The Dumb Waiter) é unha obra teatral escrita nun só acto por Harold Pinter no ano 1957 e que foi enmarcada polo teórico Martin Esslin dentro da corrente dramática "Teatro do Absurdo". A historia narra a situación de dous homes (Ben e Gus) que están pechados nun cuarto, unha estancia miserablemente amoblada. Os personaxes discuten sobre noticias de prensa e equipos de fútbol. Mentres avanzan no diálogo, Pinter dános a entender que se tratan de dous asasinos a soldo á espera de misteriosas ordes que unha organización ten que transmitirlles. A tensión da espera desemboca nunha conversa intranscendente. A historia avanza cando, por medio dun montacargas, comezan a chegarlles mensaxes e pedidos que parecen ser un xeito de comunicación de persoas que habitan na parte superior da estancia na que se atopan eles. O único que saben da súa futura vítima é que aparecerá dun momento a outro.
Autor: Harold Pinter
Dirección: Evaristo Calvo
Intérpretes: Federico Pérez e Santi Romay
Produción executiva: Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa
Xefe de produción: Rubén G. Pedrero
Espazo lumínico: Octavio Más
Espazo sonoro: Pablo Seoane
Deseño de escenografía: María Roja
Técnico de escena: Raúl Giraldo
Fotografía: Marcos Pereiro
9 aine.gal
C!
#POSFUNCION: 16 de xaneiro ao remate da función