O GRANDE BEETHOVEN: CONCERTO FAMILIAR DA RFG

DATOS BÁSICOS

O GRANDE BEETHOVEN*

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Jan Wierzba, director
Serviço Educativo da Casa da Música de Porto

*Encargo especial da Real Filharmonía de Galicia ao Serviço Educativo da Casa da Música no 250 aniversario do nacemento de L.v. Beethoven

Este concerto forma parte da programación Didáctica que organiza o Auditorio de Galicia para os centros educativos. Nesta ocasión, ofrécese en formato de concerto familiar, aberto a todo o público para que os nenos e nenas que non viñeron coa escola poidan achegarse coas súas familias a gozar do espectáculo.

Información do prezo das entradas
O prezo xeral da entrada para este concerto é de 5 €. Existe un bono familiar de catro entradas por 15 € (é dicir, 4 entradas ao prezo xeral de 3). Esta promoción non será aplicable para as entradas vendidas por internet, para obter este desconto deberase efectuar a compra das entradas nos despachos de billetes do Teatro Principal ou do Auditorio de Galicia.

Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Sábado, 18 Abril, 2020
18:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia