Música e danza
Recomendado para alumnos da ESO e Bacharelato
Marcos Teira Quinteto Nós
O grupo ofrece un repertorio aberto influenciado polo jazz e o flamenco. A proposta consiste en ofrecer un concerto de Marcos Teira Quinteto "NÓS" e acto seguido abrir un dialogo entre os músicos e os alumnos/as. Na que cada músico presentarase a si mesmo e falará do seu instrumento e do seu papel dentro do grupo. Os alumnos/as poderán intervir con preguntas ou comentarios en calquera momento das intervencións faladas. As preguntas ou comentarios poderán estar dirixidas a calquera dos componentes do grupo. A idea é que sexa un dialogo fluido. O concerto rematará con un tema do grupo.
Ficha artística
Marcos Teira, guitarra
Isaías Salazar, baile
Alejandro Vargas, piano
Alfonso Calvo, baixo
Moisés Fernández, percusión