O CINE PONNOS VERDES

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

Recomendado para 3º e 4º Primaria

Na sesión O CINE PONNOS VERDES falaremos de ecoloxía, de concienciación medioambiental e de como coidar a nosa contorna e así o noso futuro.

 

Por medio de distintas pezas audiovisuais trataremos temas como a contaminación dos océanos, as especies animais en perigo de extinción, a necesidade da reciclaxe ou os perigos do cambio climático, nunha sesión que coma sempre contará cunha presentación introdutoria da temática da mesma como fío condutor.

 

O cinefórum infantil estará artellado de forma que, mediante a análise dos contidos que o alumnado acaba de ver, poidamos trasladar esta problemática ás claves máis cotiás posibles, para que o efecto pedagóxico do visto en pantalla sexa tamén maior. Contaremos con persoas convidadas do ámbito do activismo medioambiental para o debate posterior.

Duración: 
1 h
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 21 Xaneiro, 2019
10:00
Auditorio de Galicia
Luns, 21 Xaneiro, 2019
12:00
Auditorio de Galicia