O AUDITORIO DE GALA!

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

Xornada de actividades e portas abertas para celebrar o 30 aniversario do Auditorio de Galicia.

Achégate ao Auditorio e coñece a súa historia e os seus recunchos. Propoñémosche unha serie de actividades para que poidas gozar do edificio da man de interesantes propostas artísticas de todo tipo e para todos os públicos. O Auditorio vístese de Gala para recibirte!

11:00 e 11:30- Orfeón Terra A Nosa-Recital íntimo. Entrada libre

No escenario da Sala Mozart poderás gozar do Orfeón Terra A Nosa como nunca antes. Unha actuación para un aforo reducido onde o público se sitúa no escenario a poucos metros de distancia do Orfeón.

           

13:00 -Carlos Blanco conta a súas “viaxes” coa RFG. De balde previa retirada de convite*

Carlos Blanco retoma os seus relatos clásicos sobre a experiencia que tivo acompañando á Real Filharmonía de Galicia. A actuación terá lugar no escenario da Sala Ángel Brage para un aforo limitado.

 

13:30 en diante. Sesión vermú con Suso Alonso no piano e con petiscos especiais na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia.

 

17.30 Píscore presentan Concerto (non tan) singular na Sala Mozart, para toda a familia. De balde previa retirada de convite *

 

19.00 Fin de Festa no corredor do Auditorio con Ruth Balbís que presenta a súa peza Give it a spin e concerto final de Ortiga.

Fin de festa no que bailar, brindar e comer un anaco de bolo de anos para pechar esta especial xornada! Entrada libre

 

-Descubre o AdG. Visitas guiadas polo Auditorio de Galicia. Achégate a coñecer de primeira man as dependencias do Auditorio de Galicia. Poderás percorrer os espazos singulares do edificio mentres che contamos a historia do mesmo. Ás 11:00 e ás 17.00 previa inscrición en: comunicacion@auditoriodegalicia.org

 

* Retirada de convites desde o martes 15 de outubro no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado + días de evento) e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia o día do evento desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo.

Duración: 
Todo o día
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e a partir desa hora só se venden entradas para o espectáculo do día. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Domingo, 20 Outubro, 2019
11:00
Auditorio de Galicia