O ÓRGANO SAE Á RÚA. EFERVESCIENCIA

DATOS BÁSICOS

EFERVESCIENCIA, DOSES DE CIENCIA SEN CONTRAINDICACIÓNS

 Efervesciencia é un programa de divulgación científica da Radio Galega creado polo científico e comunicador Manuel Vicente. Producido pola Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración da FECYT, desde a súa primeira tempada, en 2006, polos seus micrófonos teñen pasado máis de 1500 investigadores de todas as ramas do coñecemento. A ciencia e a tecnoloxía tamén forman parte da nosa cultura, porque nos axudan a entender o mundo no que vivimos e é por iso que, un dos selos distintivos do programa, sexa explorar os nexos da ciencia coa vida cotiá, coas artes e a cultura contemporánea. De aí que, Efervesciencia, se teña emitido desde museos, bares, praias, festas populares, un cárcere, barcos ou mesmo desde o interior dun dolme.

Nesta ocasión, o programa será gravado na igrexa da Universidade, onde se atopa un órgano de tubos de 1802, e nel exploraranse as conexións entre a física, a acústica e a historia co mundo dos órganos e a música, contando para a ocasión coa colaboración coa colaboración dos organistas Erea Blanco e Andrés Cea.

---

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ARREDOR DOS ÓRGANOS DE COMPOSTELA: Durante todo o período de programación, en escaparates de diferentes establecementos comerciais da cidade.

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite.
Máximo 2 convites por persoa.
Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio.
____
Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal
Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.
De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

Funcións: 
Xoves, 27 Agosto, 2020
12:00
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela