NOVA DATA_O MOZO DA ÚLTIMA FILA

DATOS BÁSICOS

REDRUM TEATRO

ESTREA ABSOLUTA

EscenaGZ

Idades recomendadas: adultos

Lingua: galego

Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC

Xacobeo2021. Xunta de Galicia

Estréase no Teatro Principal a versión en galego do afamado texto de Juan Mayorga, unha das pezas máis destacadas da dramaturxia europea dos últimos tempos.

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non falta, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en matemáticas. Cada clase faiselle máis insoportable ata que Xermán o profesor de Lingua e Literatura manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

 

Autor: Juan Mayorga

Dirección e adaptación: Alex Sampaio

Intérpretes: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rubén R. Porto

Escenografía e iluminación: José Manuel Faro "Coti"

Vestiario e caracterización: María Illobre

Espazo sonoro: Davide González

Vídeos: Alex Sampaio

Axudante produción: Rubén R. Porto

 

C!

#PREFUNCION

 

Duración: 
90 min
Entradas: 

12 € (descontos habituais do 50%)

 

RECOMÉNDASE A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS NA PLATAFORMA  

compostelacultura.gal

__________________________

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a venres (+ días de evento) de 11:00 a 14:00 h e de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Martes, 7 Xullo, 2020
20:30
Teatro Principal
Mércores, 8 Xullo, 2020
20:30
Teatro Principal