AVISO
Debido ás restricións sanitarias realizadas pola Consellería de Sanidade na súa Ordes de 3 e 9 de setembro de 2020 para o concello de Santiago de Compostela, as prazas dispoñibles para a función de Mrs. Dalloway do próximo 17 de setembro ás 20:30h no Auditorio de Galicia redúcense a 60 persoas.
Todas as persoas que adquiriron entradas foron avisadas vía email de se poden ou non asistir a esta función.
* * *
ENTRECAJAS
TerritoriodasMulleres
Idades recomendadas: adultos
Lingua: castelán
INAEM, PLATEA (Programa Estatal de Artes Escénicas)
Virginia Woolf fai un percorrido de 24 horas na vida de Clarissa Dalloway, desde que se ergue pola mañá e comeza a preparar unha festa para o seu marido, ata o momento desa festa, pola noite. Un percorrido marcado polas horas que toca a campá do reloxo do Big Ben, polo tempo que vai pasando e que leva a Clarissa a ir atrás e adiante no tempo da súa vida. O fluxo da súa conciencia, a conciencia sobre a súa vida, as súas decisións, chega no mesmo instante en que abre a fiestra dese marabilloso día de primavera no que prepara unha gran festa.
Para dar profundidade ao personaxe, Virginia recorre á construción dunhas memorias, hoxe utilizadas nas series e nalgúns guións. Todo ocorre nun só día, dando a sensación de estar vivindo a trama en tempo real.
Autora: Virginia Woolf
Dirección: Carme Portaceli
Intérpretes: Blanca Portillo, Nelson Dante, Raquel Varela, Rosa Manteiga, Zaira Montes, Gabriela Flores, Jordi Collet e Jimmy Castro
Adaptación: Michael De Cock, Ana María Ricart e Carme Portaceli
© imaxe: Sergio Parra