ESTUDO MOMENTO
EscenaGZ
Clásicos
Idades recomendadas: adultos
Lingua: galego
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
Xacobeo2021. Xunta de Galicia
___
A función do día 27 será retrasmitida en liña. Preme no enlace YouTube Compostela Cultura
Macbeth. O ruído e a furia, adaptación en verso de Manuel Lourenzo. A grande traxedia celta de William Shakespeare protagonizada polos actores Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo. Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos de sangue, traizón e morte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volta xamais.
Voltan os tempos escuros. Voltan os tempos de Macbeth.
Autor: William Shakespeare
Versión: Manuel Lourenzo
Dirección: Juan Carlos Mejuto e Iria Ares
Intérpretes: Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e Xavier Pan
Iluminación: Antón Arias
Música orixinal: Tito Barbeito
Escenografía e atrezzo: Banale
Vestiario: Ramón Santos
Axudante de dirección: Xaquín Domínguez
Técnicos: Antón Cabado e Rubén Lamas
Agradecementos: Deputación da Coruña, IES Calvo Sotelo, Casahamlet, Clube Teatral Elsinor
C! #PREFUNCIÓN ON LINE
Conversa con Diego Meizoso e as /os artistas, dispoñible por uns días por si prefires escoitala tras ver o espectáculo na canle de YouTube Compostela Cultura