MARELAS PRODUCCIÓNS
EscenaGZ
TeritoriodasMulleres
Idades recomendadas: adultos
Lingua: galego
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
Xacobeo2021. Xunta de Galicia
Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco. Dende unha sala de espera vivirá a experiencia máis determinante da súa vida. Ada verá como a súa vida da varios xiros copernicanos. Liberto é un canto á vida, teatro con música en directo que mestura realidade e ficción e que interpela directamente ao público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano. Un texto e unha proposta formal asentada nas atmosferas sonoras que falan da vida, do sensorial e instintivo.
Liberto revisa os límites socialmente acordados, é un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, e por iso, contra todo prognóstico, cheo de vitalidade. Dende a vitalidade e a reivindicación da imperfección, o texto da autora catalá navega entre o dramático e o cómico para nos preguntar de que falamos cando falamos de vivir.
Autora: Gemma Brió
Dirección: Tamara Canosa
Adaptación: Tamara Canosa
Intérpretes: Rocío González, Cris Iglesias e Lucía Aldao
Escenografía: J.M Faro
Deseño de son: Jas Processor
Deseño de iluminación: J. M. Faro
Vestiario: Marelas
Música: Lucía Aldao
Coreografía: Ruz Balbís
Texto finalista Premios Max Autoria Revelación
Premio Butaca Mellor Texto Teatral
C!
#PREFUNCION