NOVA DATA_DIRECTO9

DATOS BÁSICOS

PISANDO OVOS

Escena GZ

TerritoriodasMulleres

Idades recomendadas: adultos

Danza Escena. La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales

INAEM, Comisiones Artísticas de la Red

____

Retrasmisión en liña a través da canle de YouTube Compostela Cultura

 

O diálogo artista/masas, DJ/corpos, música/movemento, intégrase nun ambiente nocturno ou de concerto por medio da proposta lumínica e a forte aposta pola música en directo. Os corpos que asisten ao concerto DIRECTO9 viven unha experiencia grupal en directo. Coma se dos corpos dunhas atletas se tratase, levan os corpos ao encontro cos límites físicos, co desgaste e o cansazo extremo. A reunión está guiada pola música do DJ que leva ás masas nun proceso ritual cara á mímese dun salto común, cara ao descontrol e a entrega total. Unha vez superados o clima do concerto, o íntimo e o persoal contacta cos corpos baleiros, facéndoos máis fráxiles, máis transparentes.

Na dureza da paisaxe que se deixa ver xermina a beleza da humanidade (Rut Balbís)

 

Creación e dirección: Rut Balbís

Axuda en dirección: Janet Novás

Creación e intepretación: Fran Martínez, Jas Processor, Cris Romero, Laura Villanueva

Deseño de iluminación: Afonso Castro

Deseño espazo sonoro e deseño gráfico: Jas Processor

Produción e distribución: Manu Lago – Galicia Danza Contemporánea

Vídeo promocional: Miramemira

Colaboran: Teatro Ensalle de Vigo, Centro Dramático Galego, Galicia Danza Contemporánea, NORMAL

Coproduce: Centro Coreográfico Galego - Agadic - Xunta de Galicia

 

C! #PREFUNCIÓN ON LINE

Conversa con Diego Meizoso e as /os artistas, dispoñible por uns días por si prefires escoitala tras ver o espectáculo na canle de YouTube Compostela Cultura.

Duración: 
65 min
Entradas: 

10 € (descontos habituais do 50%)

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA

LUNS 23_10.00 H

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

____

Retrasmisión en liña a través da canle de YouTube Compostela Cultura

 

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 28 Novembro, 2020
20:30
Teatro Principal