NO TÁXI DO JACK (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA 

Susana Nobre

Portugal / 70 min / Documental / Portugués

Ficha artística

Maria Carvalho, Amindo Martins Rato, Joaquim Veríssimo

Ficha técnica

Guión: Susana Nobre

Fotografía: Paulo Menezes

Edición: Susana Nobre, João Rosas

Produción: Terratreme Filmes

Aos seus 63 anos e a piques de se xubilar, Joaquim vese obrigado a cumprir unha serie de estrañas normas para poder cobrar o subsidio de desemprego. Malia saber que non volverá traballar, ten que ir de empresa en empresa pedindo selos que proben que pasou por aí na procura de traballo. Nestes traxectos lembra a súa vida como inmigrante nos Estados Unidos, onde traballou como taxista na cidade de Nova York e onde presenciou numerosas caídas da bolsa de Wall  Street.

Nova York como punto de referencia autobiográfico forma un tema importante na película, que experimenta —con ese agradable espírito lúdico que caracteriza o cinema independente portugués dos últimos anos—, cos límites entre a realidade e a ficción. Joaquim ten un estilo urbanita; sempre ben arranxado e cunha camisa de estampado extravagante, lembra ás estrelas da televisión estadounidense dos anos 70, sobre todo cando conduce o seu Mercedes Elegance. De xeito convincente, a cineasta portuguesa Susana Nobre amosa como unha vida como a de Joaquim pode trascender e beneficiarse de dúas culturas nacionais sumamente diverxentes, apuntaladas pola mesma situación de Portugal trala ditadura de Salazar.

Susana Nobre

Lisboa, 1974

Estudou Ciencias da Comunicación na Universidade de Lisboa. As súas películas exhibíronse en festivais como Cannes, Róterdam, Angers ou Río de Xaneiro. Desde 2006, é unha dos seis produtores executivos de Terratreme Filmes. Active life (2013) e Trials, Exorcisms (2015) ou a multigalardoada Tempo comum (2018) son outros dos seus títulos.

Duración: 
70 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 10 Novembro, 2021
18:15
NUMAX
Martes, 16 Novembro, 2021
16:00
Auditorio de Galicia