'NINGURES' CON TEATRO Ó CUBO

DATOS BÁSICOS

EscenaGZ

EnFamilia

Idade recomendada: infantil a partir de 6 anos

Duración: 60 min

Lingua: galego

A través do humor, a danza, a manipulación de obxectos e o teatro físico, Teatro ó Cubo lanza a súa cuarta produción, marcada por unha nova estética e diálogo co público infantil e familiar. Unha peza que afonda nas metas e frustracións, nos propios retos, nos encontros e desencontros e nos medos que nos paralizan, poñendo en valor a amizade, o fracaso como parte do camiño e o respecto pola diversidade de cada quen. Unha viaxe pola vida mesma.

Dúas formas de ver o mundo. Dúas maneiras de chegar a un lugar. Dous xeitos de comportarse e un obxectivo común: chegar a Ningures. Rita e Denís, viaxeiras profesionais incansables, cruzan os seus camiños no misterioso limiar das portas de Ningures, lugar ansiado por todos os viaxeiros. Mais as portas agochan moitos segredos.

Serán quen de atravesalas? Conseguirán o seu propósito? Superarán este reto?

Elenco artístico: Sofía Espiñeira e Roberto Casal Mouriño

Dirección e dramaturxia: Roberto Casal Mouriño

Idea orixinal: Teatro ó cubo

Deconstrucción de vestiario: Carmen Pichel

Deseño de escenografía: Beatriz de Vega

Fotografía: Alex Sobrino

Iluminación: J. L. Baños de Cos

 

Web da compañía: Teatro Ó Cubo

Duración: 
60 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: MARTES 16_10.00 H

4 euros
Bono familiar (4 entradas): 12 € (bono á venda só no despacho de billetes)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Se a función é fóra dese horario, o despacho abrirá unha hora e media antes do seu inicio. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 21 Febreiro, 2021
18:30
Teatro Principal