NIEVA EN BENIDORM (2020)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN EUROPEA

DOM 8, 17:00 | MAR 10, 17:00 | TEATRO PRINCIPAL

 

Isabel Coixet

España / 117 min. / Ficción / Castelán, inglés

 

Ficha artística:

Timothy Spall, Sarita Choudhury, Ana Torrent, Carmen Machi, Pedro Casablanc

 

Ficha técnica:
Guión: Isabel Coixet

Fotografía: Jean Claude Larrieu
Edición: Jordi Azategui
Produción: Agustín Almodóvar, Esther García

Peter Riordan é un home solitario, maniático e meticuloso, obsesionado polos fenómenos meteorolóxicos. Cando lle dan a xubilación anticipada no banco de Manchester no que traballou toda a súa vida decide visitar ao seu irmán, Daniel, que vive en Benidorm. Á súa chegada á cidade descobre que o seu irmán desapareceu e que era propietario dun club de burlesque onde traballa Alex, unha misteriosa muller que exerce unha poderosa fascinación sobre el. Peter e Alex intentan investigar que foi de Daniel, axudados por unha policía obsesionada pola presenza de Sylvia Plath nos anos cincuenta en Benidorm.

 

Isabel Coixet

(Barcelona, 1960)
Directora de cinema, guionista, tradutora e escritora, comezou a facer películas cando lle regalaron unha cámara de 8 mm. Tras licenciarse en historia pola Universidade de Barcelona, dedicouse á publicidade. Things I never told you (1996), A los que aman (1998), Mi vida sin mí (2003), La vida secreta de las palabras (2005), The bookshop (2017), e Elisa y Marcela (2019), son só algúns dos seus títulos.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

 

Duración: 
117 min
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 10 Novembro, 2020
17:00
Teatro Principal