SECCIÓN CINEFILIAS
Dirección: Mario Abbade
Brasil / 2018 / Longametraxe / Documental / Portugués
Ficha artística
Pedro Aguinaga, Marco Altberg, Cláudio Assis, Joel Barcellos, Luiz Carlos Barreto, Flavio Bauraqui.
Ficha técnica
Guión: Mario Abbade, Leonardo Luiz Ferreira, Celso Rodrigues Ferreira Jr.
Fotografía: Arthur Sherman, Vinicius Brum.
Son: Arthur Sherman.
Produción: Cavídeo, Canal Brasil, Abbade Entretenimento.
Sinopse
Creador do movimento Cinema Marginal? Autor dunha obra emblemática das artes visuais? Un xenio incomprendido? Un tolo? Quen é Neville D’Almeida? Por entre imaxes raras de arquivo, entrevistas e innumerable material audiovisual, o proxecto busca rescatar o papel do cineasta Neville D’Almeida, artista que foi consagrado como autor de obras polémicas e o director máis perseguido pola censura da ditadura militar brasileira, até caer en graza ao público con adaptacións do dramaturgo Nelson Rodrigues. A súa primeira longa, Xardín de Guerra, foi prohibida e xamais exhibida comercialmente. Preto dos 50 anos, inaugurou con esta longa a Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes en 1969, foi premiado no Festival de Brasilia e exhibiu o filme noutros europeos, sendo consagrado como unha das iconas do cinema experimental. A pesar dos moitos éxitos e filmes premiados en festivais, Neville non conseguiu estrear unha longa en circuíto comercial desde 1997 até este ano. Xa non existe a censura, mais a persecución nestes últimos vinte anos, segundo Neville, viña por medio do que el chama ditadura das convocatorias. Entre a ironía, a arte e o drama, Neville D’Almeida: cronista da beleza e do caosreconstrúe unha parte importante da historia do cinema brasileiro.
Premios
Seleccionado no Festival Internacional de Cine de Róterdam 2018.
Seleccionado para o festival Es Todo Verdad 2018.
Premio Impact Docs 2018.
Premio ao mellor director de documentais internacionais no Festival de Iacarta 2018.