NACIDO EN GAZA

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Filme inaugural da Semana de Cine Euroárabe AMAL, que se celebra no Teatro Principal do 22 ao 26 de outubro.

Dirixido por Hernán Zin. 2014. España. 78 minutos

Documental rodado durante o ataque israelí contra a franxa de Gaza entre xullo e agosto de 2014. A película segue a dez nenos que contan como é a súa vida diaria entre as bombas e como loitan para superar o horror da guerra e darlle un toque de normalidade ás súas vidas.

Hernán Zin é un reporteiro de guerra, escritor e director de documentais ítalo-arxentino. Licenciado en Relacións Internacionais, que desde hai 20 anos percorre o mundo para realizar documentais, escribir reportaxes e libros.

Duración: 
78
Entradas: 

entradas.abanca.com

981 910 544

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h (A semana do festival abre ata as 22 h)

Funcións: 
Luns, 22 Outubro, 2018
20:00
Teatro Principal