NACIÓN (2020)

DATOS BÁSICOS

MER 18, 20:00 | TEATRO PRINCIPAL

XOV 19, 18:00 | NUMAX

 

Margarita Ledo Andión

Galicia / 90 min. / Documental / Galego

 

Ficha artística:

Nieves Pérez Lusquiños, Manuela Nóvoa Pérez, Ester García Lorenzo, Carmen Portela Lusquiños e Carmen Álvarez Seoane (ex-traballadoras d’A Pontesa); Mónica Camaño, Mónica de Nut, Laura Martínez Iglesias, Xoana Pintos, Eva Veiga

Ficha técnica:

Guión: Margarita Ledo Andión
Fotografía: Alberte Branco
Edición: Marcos Flórez, NUMAX

Música: Mercedes Peón
Produción: Olaia Ledo, Silvia Fuentes

 

1969: Nieves Lusquiños entra a traballar na fábrica de louza Pontesa aos 14 anos. Lembra o primeiro sobre coa paga semanal, un sobre beis, non moi grande, que ten que entregar na casa pero que a fai sentirse importante. Aos 18 estrea vacacións co seu Diane6 amarelo e descapotábel, estrea reunións prohibidas, os gintonic en Flope... até que un día o patrón deixa de pagar. Traballar sen cobrar? Iso nin falar. Non traballedes gratis, por favor. A la mierda!, exclama Nieves.

 

Margarita Ledo Andión

(Castro de Rei, Lugo, 1951)
Unha triloxía do século XX, coa utopía e a desposesión dos corpos migrantes como tema, deron pé aos filmes Santa Liberdade (2004); Liste, pronunciado Lister, (2007) e A cicatriz branca (2012). Con Nación, 2020, a poética parte da presenza da esfinxe, para reclamar a memoria das operarias do téxtil, a louza, a conserva e anunciar un palimpsesto de voces e de arquivos que engarzan tempos e corpos diferentes.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

Duración: 
90 min
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349 Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Xoves, 19 Novembro, 2020
18:00
NUMAX