N-VI (2012)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA | CICLO PAISAXES URBANAS NO CINEMA GALEGO

Pela del Álamo

España / 86 min. / Documental / Castelán

 

Ficha técnica:

Guión: Pela del Álamo

Música: Xabier Mera

Fotografía: Francisco Arnoso “Pixi”

 

Sinopse:

Antes viaxabamos por estradas que atravesaban lugares habitados, hoxe substituídas por autoestradas illadas da paisaxe que atravesan. Durante moito tempo, a N-VI, que unía Madrid con Galicia ao longo de 600 quilómetros, foi unha das estradas máis importantes de España. Agora a autovía A-6 cobre todo o traxecto, e algúns tramos da vella N-VI desapareceron ou quedaron case abandonados, como illas á deriva. Son quilómetros de asfalto que comezan e terminan en ningures, e con eles as aldeas e vilas que atravesan, onde as vidas dos seus habitantes quedaron encalladas nun presente sen demasiado futuro.

 

2012: sección Documental do Festival de Málaga

Duración: 
1 h 26 min
Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Funcións: 
Martes, 19 Novembro, 2019
17:30
Museo das Peregrinacións

UBICACIÓN