CINEUROPA
CANCIÓNS PARA DESPOIS DUNHA GUERRA
THE MUSIC MAN / VIVIR DE ILUSIÓN (1962)
Morton DaCosta
EEUU / 151 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Robert Preston, Shirley Jones, Buddy Hackett
Ficha técnica:
Guión: Marion Hargrove
Fotografía: Robert Burks
Edición: William H. Ziegler
Produción: Warner Bros.
Sinopse:
Harold Hill, un farsante charlatán, detense nunha pequena vila e convence os seus habitantes para formar unha banda de música infantil. Así que dá xuntado os cartos precisos para botar adiante o proxecto marcha sen deixar pegada. Buscando outra poboación á que estafar, Hill chega a River City, en Iowa, onde intentará persuadir os seus habitantes de que o único xeito de salvar a mocidade é organizando unha banda de rapaces. O que non imaxina Hill é que a profesora de música da vila vai alterar por completo os seus plans.
Mellor banda sonora adaptada nos Óscar 1962
Mellor filme musical nos Globos de Ouro 1962