MULLERES EXPERIMENTALISTAS DE AMÉRICA LATINA

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN O PRESENTE É MULLER

As películas elixidas para esta mostra foron agrupadas baixo o título de "Umbrales", un programa que é abordado desde unha perspectiva feminista descolonizadora que procura indagar nos posibles desbordes e implicacións epistémicas dos termos “muller latinoamericana” e “artista latina”, para compoñer un mapa de empatías conceptuais, estratexias coincidentes e redes afectivas que traspasaron barreiras xeopolíticas e apostaron pola subversión do canon modernista. Traza unha xenealoxía sinuosa e fragmentaria que sinala puntos de encontro entre as creacións cinematográficas realizadas por suxeitos consideradas mulleres. Umbrales é tamén o nome dun dos filmes de Marie Louise Alemann que foi restaurado para este proxecto e ao cal se lle dedica un capítulo na publicación Ismo Ismo Ismo escrita polo investigador Federico Windhausen. Preséntanse aquí tres eixes: performatividade sonora, corporalidade e visualidades.

O eixe de performatividade sonora comeza cunha das pioneiras nesta práctica, a uruguaia Lydia García Millán, que expón Color (1954-1955), unha película abstracta sonorizada en vivo polo Hot Jazz Club. Continuando con obras pioneiras, Come Out de Narcisa Hirsch, que algúns investigadores mencionan como unha das primeiras obras de cinema estrutural en América Latina; tamén Copacabana Beach da estadobosniaunidense Vivian Ostrovsky, expón un flickeo que se corresponde entre imaxe e musicalidade propoñendo así unha nova mirada sobre o tema. A corporalidade é outro dos focos das performatividades. Umbrales é o exemplo dunha investigación profunda no tema e abre así unha porta ao reflexo do queer, das sexualidades. Desnudo con alcatraces, de Silvia Grüner, narra un autoerotismo mudo coa cadencia da caricia dunha flor. Popsicles, de Gloria Camiruaga, une os tres eixes abordados pero é incluído en corporalidades pola sinalización á temática trans que comeza a abrirse paso nos oitenta e da cal a artista forma parte activa. Por último están Blues Tropical, de Poli Marichal, que é unha obra de cinema intervido que fala sobre a dor das decisións políticas da illa e da simboloxía da estrela. Paracas, da artista chilena Cecilia Vicuña, onde se dá vida a un tear a través da animación de obxectos en miniatura. E El diablo en el cuerpo, unha controvertida videoperformance da recoñecida artista mexicana Ximena Cuevas. Os eixos entrelázanse nun compilado de memorias, subxectividades e resistencias persoais e políticas compoñendo así un calidoscopio cinemático."

Ángela López Ruiz (Curadora do programae parte do equipo de investigación de ISMO ISMO ISMO).

Os filmes que podemos ver nesta sesión serán (pinchar en cada un para máis información)

Duración: 
80 min
Entradas: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h) para toda as proxeccións
  • En NUMAX (de 10 a 14 h e de 16 a 22 h) e en Multicines Compostela (de 16.40 a 22 h) para as proxeccións da propia sala.

VENTA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión.

  • No Teatro Principal, para as proxeccións de Teatro Principal, Salón Teatro, e Museo das Peregrinacións.
  • En Multicines Compostela e en NUMAX para as proxeccións da propia sala.

PREZO:

  • 4 euros
  • Abono 10 películas: 30 euros
Funcións: 
Xoves, 22 Novembro, 2018
16:30
Salón Teatro
Martes, 27 Novembro, 2018
17:30
NUMAX