MOSTRA DO CENTRO SIMONE DE BEAUVOIR

DATOS BÁSICOS

MOSTRA DO CENTRO SIMONE DE BEAUVOIR

WOM@RTS

#CINEUROPA32

 

18.45 H

Maso et Miso vont en bateau / Maso e Miso van en barco

Duración: 55 minutos

Dirección: Carole Roussopoulos,Ioana Wieder,Delphine Seyrig,Nadja Ringart

Francia / 1975 / Longametraxe / Documental / Francés

Ficha artística

José Artur, Simone de Beauvoir, Françoise Giroud,
Bernard Pivot, Delphine Seyrig, Ioana Wieder.

Ficha técnica

Guión: Carole Roussopoulos, Ioana Wieder, Delphine Seyrig, Nadja Ringart.

Sinopse

O 30 de decembro de 1975 —Ano da Muller—, o coñecido xornalista francés Bernard Pivot convida o programa que realizaba para a cadea televisiva Antena 2 a Françcoise Giroud, daquela Secretaria de Estado para a Condición Feminina. Despois de ver ese programa, as realizadoras sentiron a necesidade de contestar o que viran, utilizando para iso unha actitude humorística e uns recursos fílmicos moi interesantes.

 

___

20.00 H

La marche des femmes à Hendaye / A marcha das mulleres a Hendaia

Duración: 20 minutos

Dirección: Carole Roussopoulos,Ioana Wieder

Francia / 1975 / Longametraxe / Documental / Francés

Ficha técnica

Guión, edición e produción: Carole Roussopoulos, Ioana Wieder.

Sinopse

Un milleiro de mulleres de toda Francia reúnense en Hendaia o domingo 5 de outubro de 1975 contra as execucións de militantes vascos polo réxime de Franco. Os exiliados españois, que participan na marcha, falan sobre as súas condicións de vida nese país e das relacións entre mulleres e homes. Con imaxes de mulleres vascas cantando e da marcha cara á fronteira.

 

LIP: Monique et Christiane

Duración: 30 minutos

Dirección: Carole Roussopoulos

Francia / 1976 / Curtametraxe / Documental / Francés

Ficha artística

Monique Piton.

Ficha técnica

Guión, edición e produción: Carole Roussopoulos.

Sinopse

En 1976, en Besaçon, as obreiras de LIP ocupan novamente a fábrica e relanzan a produción de reloxos. Monique e Christiane deixan testemuño da dificultade de ser muller á hora de converterse nunha figura da reivindicación sindical. Co obxectivo de poñer en evidencia o racismo de xénero que é o sexismo, Monique propón substituir no seu relato “home” por “branco” e “muller” por “árabe”. O resultado é un testemuño elocuente e curioso.

 

Viol conjugal, viol à domicile / Violación conxugal, violación a domicilio

Duración: 30 minutos

Dirección: Véronique Ducret,Carole Roussopoulos

Suíza / 2003 / Curtametraxe / Documental / Francés

Ficha técnica

Guión: Véronique Ducret.
Produción: Le 2e Observatoire, Solidarité Femmes, Viol-Secours.

Sinopse

Hai moitas mulleres vítimas da violación conxugal. Tres delas expresan aquí o seu sufrimento e a súa ira. Profesionais do ámbito sanitario, social e xurídico de Xenebra achegan igualmente a súa contribución. A perspectiva xurídica pon de manifesto as lagoas que existen na lexislación suíza.

Duración: 
55, 20 , 30 e 30 minutos
Entradas: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Domingo, 25 Novembro, 2018
18:45
Auditorio de Galicia