SARABELA TEATRO
Morgana en Esmelle é a adaptación da magnífica novela de Begoña Caamaño que recibiu o aplauso de lectores e crítica (Premio Ánxel Casal, Premio Losada Diéguez, Premio ALG, Premio Nacional da Crítica).
Unha obra que reescribe o mito cunha ollada contemporánea. Unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda.
Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións?
Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle.
Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot.
Autora: Adaptación da novela de Begoña Caamaño
Dirección: Ánxeles Cuña
Reparto: Quico Cadaval, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Laura Míguez, Sabela Gago e Elena Seijo.
Adaptación: Ánxeles Cuña Bóveda
Escenografía: Pedro Fresneda
Deseño de son: Fernando Dacosta
Deseño de iluminación: Baltasar Patiño, Carlos Lago
Vestiario: Ruth D. Pereira
Música: Guadi Galego, Mercedes Peón, Uxía
Coreografía: Beatriz Pérez, Armando Martén
#posfunción: 3 de febreiro ao remate do espectáculo
Lingua: galego