MORGAN: THE RIVER TOUR

DATOS BÁSICOS

Morgan volven aos escenarios coa súa xira The River Tour para presentar o seu terceiro traballo de estudo, titulado The River and the Stone.

Este novo álbum é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confinamento en 2020 coa mesma filosofía de sempre: coller unhas cantas ideas e xogar para vestilas tratando de explorar un pouco máis os ambientes, conceptos e sons.

Tras case un ano de traballo viaxaron a Francia para gravar este álbum, resultado de moitas conversas, moitas horas de creación conxunta e, sobre todo, de gozar de facer música cos amigos.

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • 14 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 18 Febreiro, 2022
20:30
Auditorio de Galicia