MONNONE ALONE + MARTIN FRAWLEY EN TERRAZEANDO

DATOS BÁSICOS

O power pop de Monnone Alone e o folk rock de Martin Frawley, protagonizan esta xornada de 'TerraZeando. Ciclo de Concertos ao Fresco' organizado por Desconcerto Cultural.

Monnone Alone (Australia): aínda que o nome pode suxerir o contrario,  Monnone  Alone é un grupo de indie pop liderado por Mark Monnone (ex- Lucksmiths) e que conta con reputados membros doutras bandas importantes de Australia (Last Leaves,  Architecture  in Helsinqui).

Virán a presentarnos o seu segundo álbum titulado “Summer of  the Mosquito”, un disco audaz, enérxico e voluptuoso, onde predomina a canción pop, as belas melodías e os cristalinos arranxos de guitarra de 12 cordas.

Enlaces: Imaxe 1 2 | Vídeo | Bandcamp

Martin Frawley (Australia): abrindo a noite para Monnone Alone teremos a Martin Frawley, excantante e guitarrista dos marabillosos Twerps. O seu primeiro disco en solitario debaixo do brazo, “Undone at 31”, constitúe unha boa colección de cancións que constitúen todo un tratado pop.

Enlaces: Imaxe 1 | Vídeo | Bandcamp

Información da billeteira: 

O concerto será na terraza da Fundación SGAE.

Entrada libre ata completar a capacidade do espazo

Funcións: 
Mércores, 10 Xullo, 2019
20:00
Fundación SGAE

UBICACIÓN