MONEYBOYS (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL NOVAS/OS CINEASTAS

C.B. Yi

Austria, Francia, Bélxica, Taiwan / 118 min / Ficción / Mandarín

Ficha artística

Ko Kai, Chloe Maayan, Yufan Bai, J.C. Lin

Ficha técnica

Guión: C.B. Yi

Fotografía: Jean-Louis Vialard

Produción: KGP Kranzelbinder Gabriele Production, Zorba Production, arte France Cinéma, Panache Productions

Fei gáñase a vida na gran cidade traballando na prostitución. O seu mundo derrúbase cando se decata de que a súa familia acepta os seus cartos pero non a súa forma de vida nin a súa homosexualidade. Co corazón roto, Fei loita por comezar unha nova vida.

Moneyboys resulta abraiante por ser un filme pouco común que representa a homosexualidade en China con gran sensibilidade e calidez, amosando a confusión que pode causar en alguén sentirse un estraño. Por outra banda, o ritmo da obra suporá un visionado agradable para aqueles que gozan de certo espazo para a contemplación, a medida que se desenvolven os acontecementos.

Premio Un Certain Regard no Festival de Cannes

C.B. Yi

Yilin Bo Chen naceu en China, pero vive en Austria desde os 13 anos, onde se formou na Vienna Film Academy baixo a tutela de Michael Haneke e Christian Berger, aínda que as súas maiores influencias son o terror chinés, o surrealismo de Buñuel e a sensibilidade de Wong Kar Wai. Coa súa primeira película, Moneyboys, participou na Sección Un Certain Regard do festival de Cannes.

Duración: 
118 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 14 Novembro, 2021
21:30
Teatro Principal
Xoves, 18 Novembro, 2021
17:00
Salón Teatro