MIS TRISTES OJOS CIEGAN HECHOS RÍO / CORINA MARTI

Igrexa de Santa Clara
DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

De Lugares e Órganos

 

Mis tristes ojos ciegan hechos río

Corina Marti

Concerto inaugural

 

Maria Bayley, voz e arpa

Ana María Fonseca Núñez, voz

Corina Marti, órgano, espineta e dirección

 

A organista e cembalista Corina Marti preséntase de novo no ciclo De Lugares e Órganos, para interpretar un programa concibido en exclusiva para o órgano histórico de Santa Clara. A orixe do programa está nun proxecto de gravación, que terá lugar nos vindeiros meses, adiado xa en varias ocasións por mor da pandemia.

 

Compoñen o repertorio obras dos séculos XV e XVI procedentes de cancioneiros ibéricos e danzas que, xa na altura, foron arranxadas para seren tocadas ao órgano, canda obras dos grandes organistas dos ss. XVI e XVII, como Cabezón, Bruna ou Aguilera de Heredia. O programa ten tamén como trasfondo as relacións musicais entre a corte de Carlos I e as casas de Borgoña, Francia ou Portugal.

 

Corina Marti estará acompañada por dúas cantantes e polo son dunha arpa, nunha combinación instrumental habitual para a interpretación destes repertorios durante o Renacemento e o primeiro Barroco.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • ENTRADAS ESGOTADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 24 Agosto, 2021
20:30
Igrexa de Santa Clara