MICE 2021
18.00 | Poto e Cabengo, de Jean Pierre Gorin | Sección Trazas | Estrea en Galicia | Teatro Principal
Poto and Cabengo [Poto e Cabengo]
Estrea en Galicia
77 minutos / 1980 / EUA – República Federal Alemá
Dirección e guion: Jean Pierre Gorin
Fotografía: Les Blank
Montaxe: Greg Durbin
Son: Maureen Gosling
Edición de son: Anna Boorstin, Lynn Burnstan
É posible inventar un idioma? Ese idioma pode conter o mundo? Ese idioma pode protexer e illar ao mesmo tempo? Grace e Virxinia son dúas nenas xemelgas de San Diego que inventaron a súa propia linguaxe privada. O documentalista Jean Pierre Gorin, coñecido sobre todo polas súas colaboracións con Godard, observa, rexistra e pregunta sobre este estraño caso e sobre o poder das palabras e a comunicación.
Detalle: Logo da ruptura do Grupo Dziga Vertov, Gorin inicia con este filme de baixo presuposto, rodado en 16 mm, unha "triloxía informal" sobre comunidades pechadas no sur da solleira California.
Para máis información da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo: mice.museodopobo.gal